A NOVA BIBLIOTECA



... O LAR DE LEO E BIBLÍN.

Polo grosor do polvo nos libros dunha biblioteca, pode medirse a cultura dun pobo.”

A lectura na etapa escolar é sumamente importante, e a biblioteca  cumpre unha especial labor no ensino e na aprendizaxe, pois esta exerce unha influencia sobre o logro académico nos estudiantes. As bibliotecas serven para propiciar, favorecer e estimular a lectura, pois ofrece tanto a profesores como estudiantes; recursos dixitais, electrónicos e impresos.


As bibliotecas escolares teñen unha gran influencia nos resultados da aprendizaxe, pois o desenvolvemento das habilidades lectoras, complementadas co uso dos recursos, poden dar mellores resultados á hora de investigar un tema ou realizar unha exposición, posto que son complementarias, tanto ás explicacións do profesor como na procura de temas de interese ou de temas non comprendidos.


Debe cambiarse o pensamento da biblioteca como lugar aburrido onde se chega só a ler libros de xeito obrigado. A BE proporciona información e ideas fundamentais para estar ben integrados na sociedade actual, baseada na información e no coñecemento. A biblioteca escolar desenvolve nos estudiantes competencias para a aprendizaxe ao longo da vida.
As funcións da biblioteca escolar son varias e, en moitas situacións, complementarias: informativa; educativa; cultural e lúdica.


Por todos estos motivos, no curso 2011-2012 o colexio levou a cabo unha gran mellora nas instalacións da biblioteca, un lugar completamente renovado para o uso e disfrute de toda a comunidade educativa. Un lugar para ler, realizar consultas, achegarse ás novas tecnoloxías, asistir a obradoiros, contacontos ...

O equipo da biblioteca está a levar a cabo actividades de dinamización na procura de que se convirta nun lugar en movemento, aberto, lúdico, dinámico ...


Unha das primeiras actividades que se levaron a cabo, foi a búsqueda dunha mascota para dito recinto. Para iso realizouse un concurso entre todo o alumnado que levaba por nome  “BÚSCASE ... mascota para a nosa Biblio”. Así foi como coñecimos a Leo e Biblín, o rato e o raposo da nosa biblioteca. Leo foi deseñado por Dana, e Biblín, por Carmen Maril, as dúas de segundo de Primaria. Nesta búsqueda de mascota, atopamos (case por arte de maxia e sen querer) con Comepáxinas, o cal adoptamos como o marcapáxinas oficial, sendo deseñado por Noa Pichel de cuarto de Primaria.

Outras actividades programadas para este curso son:


·                      A maleta viaxeira. Cada semana un alumno de 4º de Primaria co fin de fomentar a lectura a través das familias, poderá disfrutar dun anaquiño da nosa Biblioteca na súa casa.

·                      Entrega de trípticos informativos para que os nosos alumnos manéxense con total autonomía dentro das nosas instalacións; así como a entrega a cada alumno dos seus carnés de socios.

·                      Campionato de Xadrez. Desde a nosa Biblioteca queremos fomentar este deporte entre o noso alumnado, posto que estamos convencidos dos seus beneficios: aumento da concentración, desenvolvemento do raciocinio matemático, análise de consecuencias, aumento da disciplina ...

·                      Espurga e catalogación dos materiais xa existentes e provisión de novos fondos.

·                      Día do Libro. Este ano adicouse ao periódico e puidemos disfrutar da exposición de periódicos dos seis continentes “Un mundo de periódicos”, realizada polos alumnos de 5º de Primaria.  Con este motivo, recibimos a visita de Xan Salgueiro, periodista do Faro de Vigo e que nos achegou ao mundo das noticias, cunha charla moi amena e divertida.

·                      Elaboración de lemas de animación á lectura, expostos no corredor da Biblioteca para levar a cabo unha labor de motivación e achega ao mundo dos libros entre os nosos alumnos.

 De cara ao vindeiro curso, ademais de manter as actividades programadas para este, estanse a preparar as seguintes actividades:

·            O conto viaxeiro. Os alumnos de 3º de Primaria elaborarán un conto que irán escribindo semana a semana ata darlle fin.


·            Contos de sofá. Pretendemos levar a cabo unha actividade de contacontos para os alumnos de 1º e 2º de Primaria, no que os encargados de contar as historias, lendas, fábulas ... sexan diferentes membros da comunidade educativa: pais, mestres ... ou mesmo membros destacados do noso pobo, os cales visitarán o querido e cómodo sofá da nosa Biblioteca.

·            Bibliovoluntarios. Pretendemos que os alumnos de 5º e 6º involúcrense na biblioteca e axuden nas diferentes labores de catalogación, animación ... mesmo no arranxo dos libros máis vellos, creando “O hospital do libro”, un pequeno taller de arranxo de libros.

·            A Biblioteca Solidaria. Preténdese colaborar desde este espacio en diferentes ámbitos: social, ambiental ... coa posta en marcha de diversas actividades que axuden a mellorar, ou pór o noso gran de area, na mellora do mundo que nos rodea. Actividades tales como a operación “Un quilo por un libro”; marchas de recollida de lixo en espacios naturais do noso entorno tituladas “Coidemos do noso”, colaboracións con asociacións do pobo ...

·            Obradoiros: monicreques, marcapáxinas, técnicas de estudio ...

·            Elaboración dun Blog, para poder permanecer informados de todo o que sucede  na BE, en calquera momento e en calquera lugar.

·            Elaboración dunha publicación trimestral coas novidades, recomendacións, actividades, noticias ... da BE.

Para todo isto cómpre a implicación de toda a comunidade que forma parte do noso centro (pais, alumnos e mestres)  así que ...

CONTAMOS CON VÓS.


Os contos de hoxe, son a realidade do mañá”




No hay comentarios:

Publicar un comentario