CONTOS DE SOFÁ

Chega novembro e con el chegan os nosos "CONTOS DE SOFÁ"

     Nesta actividade da nosa biblioteca, cada mes sentarase no noso xa famoso sofá, distintos persoeiros relacionados có noso cole: mestres, pais, o director, a xefa de estudos ... para compartir un conto cós nosos  alumnos de primeiro e segundo de Primaria.

     Pois ben, este mes témola honra de comenzar estas xornadas de Contacontos, coa visita da nosa secretaria Natividad Pérez, "Nati", que quere compartir connosco o conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".




       Así, que xa sabedes, quedades todos convidados para o venres 16 de novembro ás 15:50 horas. Para os que non poidades acudir, dicirvos que colgaremos as fotos o antes posible.


      A LER E A CONTAR, porque lembra que... TI TAMÉN CONTAS.

      Grazas Nati por anticipado. Detrás de ti agardamos que veñan moitos máis contos, pero din que a primeira vez nunca se esquece. Grazas por dicir sí, cando o fácil é dicir ...E grazas por poñer o teu gran de area neste pequeno proxecto.Nós non esqueceremos nunca, que fuches a primeira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario