A MAIOR FLOR DO MUNDO

     Estreamos ano e con el chega a  terceira visita ao noso obradoiro de animación á lectura "Contos de sofá". Neste mes de xaneiro contaremos na nosa biblioteca con Rosa Fernández, presidenta da asociación socio-cultural Adellís e nai do noso compañeiro de primeiro Aleixo e de Irea, de infantil 4 anos. Grazas a ela poderemos escoitar o fermosísimo conto do gran escritor portugués José Saramago, que leva por título "A maior flor do mundo".
   
     Se non dades agardado a que chegue o venres, aquí tedes un adianto para "ir abrindo boca".

No hay comentarios:

Publicar un comentario