CARABUÑAS, perdón CARAMUXO.

   No cuarto venres de contacontos,descubrimos a Carabuñas, que foi o convidado sorpresa que nos trouxo o pai de Sabela e Uxía.Pasámolo moi, pero que moi ben, escoitando como ese misterioso "ser" de cor verde, acababa transformado en Caramuxo.

   Esta non foi a única sorpresa, posto que cando xa pensabamos que a sesión rematara, Toño agasallounos con tres contos máis, pero non cuns contos calquera... contos cos que cantar e bailar. 



   Dito e feito. Puxémonos en pé e escoitamos e bailamos co conto de "Pollito", "O león dormilón" e "Cun pez moi divertido".

  As sorpresas non remataron aí, posto que antes de despedirnos, recibimos como lembranza desta fermosa tarde, unha pegatina de Caramuxo.

   En fin que cada venres temos marabillosas sorpresas na nosa biblioteca, escoitando contos aos pés do noso sofá; contos que saen da bondade de distintos convidados sorpresa e baixo a atenta mirada de Leo e Biblín, as nosas mascotas.

Grazas Toño,
por encher de sorpresas unha tarde de sofá;
polos contos con música e pola música dos contos;
por compartir a túa profesionalidade, paixón e maestría cos nosos alumnos.
Para nós sempre serás o "segundo" mellor mestre de música.

No hay comentarios:

Publicar un comentario