Sentimos moito a tardanza á hora de contarvos o que sucedeu na nosa biblioteca no último Conto de Sofá, pero é que O Aturuxo e o Festival das Letras Galegas, tivéronnos un pouquiño "despistados". Agardamos que poidades perdoarnos.
Desde o comezo, Pedro foinos describindo ao seu novo amigo, as súas características físicas, as súas habilidades... Cada un de nós, sentímonos un membro máis da súa familia e ao igual que eles, non creíamos que existise alguén así.
Chegado o momento poidemos coñecer ao amigo de Pedro. Foi fantástico!
Agora se queredes coñecelo e saber como é, quedades convidados a vir ao noso corredor de Primaria a visitalo, pois alí se atopan os nosos debuxos sobre el. Queredes velo?

Grazas Ana Belén
por manternos unha hora en suspense
(tan só había que ver as nosas facianas).
Grazas pola dozura e agarimo
que mostraches ante o noso proxecto.
Grazas por demostrarnos que un conto ben contado,
non precisa de maquillaxes, nin fogos de artificio.
Un conto só necesita iso... estar ben contado.
Volta cando queiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario