A AVOA DE RUBÉN, CONTA

  O pasado venres, 24 de xaneiro, tivemos a honra de recibir na biblioteca do colexio, a avoa do noso compañeiro de 5º de Primaria, Rubén Limia. 


  Nesta segunda visita do proxecto educativo "Os nosos avós contan", puidemos entrevistar a Mariló, que así se chama a avoa de Rubén, a cal fixo que pasaramos unha tarde a mar de entretida e coa que aprendemos moitas, pero moitísimas cousas.

  Ao igual que na visita dos avós de Antía, Rubén comezou presentándonos a súa avoa, para acto seguido comezar a "disparar". 

  Ademais de facerlle as preguntas das nosas entrevistas tipo, Mariló respostou amablemente a novas preguntas que ían xurdindo da imaxinación dos nosos alumnos.


  A través delas, descubrimos que Mariló naceu nun pequeno pobo da serra de Huelva chamado Cortegana, o cal coñecemos a través de fotos. Que o seu pai era cómico nunha compañía, que con 21 anos veuse a vivir a Siador co seu marido, e que aquí participou moi activamente na vida do noso pobo, de Silleda.

  Foi presidenta da Asociación de Amas de Casa, da Asociación española contra o cancro e concelleira polo PSOE, chegando a coñecer ao rei. 

  Ao remate, ensinámoslle o vídeo de agradecemento que fixemos para os nosos avós e agasallamos a nosa convidada cunha rosa. Ela deixounos a súa adicatoria no noso libro de visitas e posou para a foto de grupo. Antes de rematar Mariló convidounos ás xa "archifamosas" rosquillas de Tábora.

  Tan só podemos dicir, GRAZAS por todo Mariló, de seguro que os nosos alumnos nunca esquecerán aquela tarde na que a avoa do seu compañeiro Rubén, sentouse no sofá azul da biblioteca, baixo a atenta mirada de Leo e Biblín


No hay comentarios:

Publicar un comentario