A semana pasada sentou no noso sofá Belén Rivas, que como ben sabedes é a nai dos nosos compañeiros Candela e Marco; e desde alí agasallounos co conto "Historias del gato Güiña y de la gata Morisca". Un conto clásico chileno, escrito en verso por Marta Brunet. Nel relátase a historia dun gato moi gamberro e bruto que tiña atemorizados a todos, e como é normal quedouse máis só ca unha!
Ao remate do conto, Belén tíñanos preparada unha sorpresa! Elaboramos os nosos propios marcapáxinas cos protagonistas do conto.
Foi moi divertido, pois nunha mesma tarde aproveitamos a lectura dun conto e unha clase de Artística,
E viña moi preparada! Xa traía feitas as diferentes partes do marcapáxinas, que tivemos que pegar coa súa axuda e a dos profes.
O mellor de todo foi cando tivemos que gardar a quenda para pegar os bigotes do gato e o lazo da gatiña, Belén viña ben "armada" coa pistola de silicona!
A verdade é que pasamos unha tarde moi entretida e como sempre serviunos para seguir ampliando o noso vocabulario e o noso repertorio de contos.
Xa estamos agardando con inquedanza polo seguinte venres de contacontos. Que agardamos sexa máis pronto que tarde...
en todo o que preparaches para nós.
Por ser durante unha tarde
a nosa mestra de Artística.
Por compartir
o conto preferido dos teus fillos.
Cando os contos prepáranse con tanto esmero e dozura
só poden saír dunha forma especial,
tan especial que se converten en ...
INESQUECIBLES
para quen os está a escoitar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario