VOLTAN OS CONTOS DE SOFÁ

 Xa temos aquí o primeiro conto do curso: ¨A Cebra Camila". E nesta ocasión visitou o noso coñecido sofá,Donato Luaces,pai do noso compañeiro de segundo, Millán.
         
Parece ser que estaba un pouco nervioso. Sería polo Samaín ou por nós? Ao pouco de comezar, xa estabamos todos concentradísimos e preparados para poder participar nas aventuras de Camila e as súas sete raias.
 A historia de Camila é unha historia moi fermosa, con frases repetitivas e unha estructutura acumulativa que nos obrigaba a estar moi atentos. E así o fixemos, puxemos a traballar rápidamente á nosa memoria.
 A Camila pasoulle algo moi parecido ao que nos pasa a nós, facémonos maiores!!!!  E claro, van aparecendo pequenos ¨problemilñas¨ que imos solucionando grazas á xente  que está con nós cada día (pais,amigos mestres …)
                              
  Rematado o conto, Donato púxonos a proba. Na pizarra dixital tiñamos preparadas moitas actividades e xogos relacionados coa historia de Camila e os seus amigos.
Pasounos a tarde voando!
 Grazas Donato,  por unha historia fantástica e por suposto polas lambetadas!! Lembra que o noso sofá garda un óco para ti, para compartir outra tarde de contos, de sorrisos, de maxíns contigo. 
 Desde este Samaín formas parte da nosa familia, a familia do cole, a familia de Leo e Biblín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario