Un curso máis, poñemos en marcha unha das actividades
máis fermosas celebradas durante o curso, non só polo que leva consigo algo
tan importante como a animación á lectura; se non tamén polos seus
protagonistas, os alumnos de 1º e 6º de Primaria.
Velaquí o Apadriñamento Lector, e como cada ano,
antes de que cheguen os contos, vén a sinatura dos contratos, baixo a atenta
mirada das nosas mascotas, Leo e Biblín, na Biblioteca do noso colexio.
Desexámosvos
a todos unha boa viaxe, subidos nunha fermosa nave chamada LECTURA, que vos guiará polo
apaixonante mundo dos CONTOS!


















No hay comentarios:
Publicar un comentario