O
pasado venres día 1 de decembro, visitou a nosa biblioteca Lorena Rivas, nai de Vera e Carlota Lázara. Lorena non viña soa, pois traíaconsigo un fermoso conto titulado “Historia de una lata”, da autora Begoña Ibarrola.
A través desta historia traballamos as emocións, a ecoloxía, a reciclaxe; e
sobre todo, algo tan importante nos nosos días como é... a ILUSIÓN (é o importante de non perdela xamais).
A
lata comeza contando a súa vida desde que nace ata que acaba sendo
reciclada. A nosa protagonista, convertirase en diversos soportes e terá
diferentes nomes (lata de tomate, pelota, peto, maceta…); ao tempo, que nos fai partícipes dos seus sentimentos, sentimentos que unhas veces fana sentir moi importante e outras, triste e soa.
A
pesares de ditas sensacións que vai experimentando, a nosa protagonista é moi
optimista, e agarda con alegría o seu final: ser un fermoso xoguete, transformarse nun
magnífico tren!
En
todo momento os alumnos estiveron moi motivados e atentos ante as explicacións de Lorena,
así como nos xogos que ela propuxo, destacando "O xogo das emocións".
Ao
remate, agasallou aos alumnos cuns fermosos marcapáxinas, e unhas fichas nas que poder colorear á nosa protagonista.
Antes de que Lorena abandonase a nosa biblioteca, adquirimos un firme compromiso con ela:
"Reciclaremos todas as
latas que temos na casa , e faremos, ao longo do presente curso, unha pequena
exposición, dos diferentes usos que lle imos dar a cada unha delas."
Grazas Lorena, por unha tarde de conto tan especial. Por un conto tan ben escollido. Din que cada conto agocha unha pequena ensinanza, un aprendizaxe; pero "Historia dunha lata" foi moito máis. Cremos firmemente que o mundo futuro dos nosos alumnos será un anaquiño mellor, tras viaxar contigo polo mundo de valores tan importantes como a reciclaxe, a valentía, o tesón e sobre todo ... a ILUSIÓN.
Convidada quedas a regresar ao remate do curso a visitar as nosas humildes creacións con latas, como a protagonista do noso venres de contos de sofá.





No hay comentarios:
Publicar un comentario