O pasado luns 23 de abril, Día do Libro,
sentou no noso sofá Sandra Chao, nai de Pablo e Sara Valiño, co conto “Yo mataré
MONSTRUOS por ti” do gran Santi Balmes, vocalista do grupo barcelonés Love of Lesbian.
Sandra comezou lembrando aos
nenos,os motivos polos que celebramos o Día do Libro e a tradición de agasallar
nesta data un libro e unha rosa.
A protagonista humana do
conto chámase Martina. Cando chega a noite ten moito medo pois escoita ao
monstro… Martina pensa que debaixo da súa cama hai unha civilización de monstros, que viven cabeza abaixo e todo teñ o reflexo monstruoso á inversa. O que non sabe Martina
é que no outro mundo, o seu reflexo, Anitram, ten os mesmos medos.
Os respectivos pais das
nosas protagonistas, conseguen tranquilizalas explicándolles que a medida dos
monstros dependerá do medo que se lle
teña. Se se sinten valentes, veranse enanos e covardes; pois o medo é elástico, coma un
chicle, faise pequeno ata que desaparece.
Ao longo de toda a historia os alumnos interactuaron con Sandra, participando activamente en cada unha das propostas que ela facía.
A sesión rematou cun agasallo e un recordo. De agasallo un lapis
personalizado e de lembranza o afortunados que somos, porque sempre teremos preto alguén que "mate monstros por nós”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario