REMATAN OS CONTOS DE SOFÁ COA VISITA DO NOSO MESTRE LUISMI


  Chega ao noso sofá o último conto do curso, da man do profe de música na ESO, Luismi Crespo.
  A historia de hoxe é un conto musical, onde a protagonista é unha bruxa tatexa, Ma – Maruja, que vive soa no bosque coa única compaña dun gato. Adícase a facer apócemas máxicas para poder axudar á xente, e un deses días que pasea polo bosque buscando ingredientes, atópase coa exploradora  Juana, que está ferida e dubida en axudala.  Pero Ma- Maruja é moi boa e axúdalle a curarse cunha das súas apócemas. En agradecemento, Juana, tamén decide axudala e xunto cos seus amigos prepáralle unha sorpresa: unha viaxe ao mar!
                                  
 Ao longo da narración, os alumnos participaron moi activamente, seguindo as instrucións de Luismi : axudaron a facer unha nova brebaxe, cantando os retrousos, empregando a mímica noutros casos…
  Os alumnos estaban encantados, e na sesión  pasounos o tempo moi rápido.
  O noso agradecemento ao profe e compañeiro Luismi , por unha nova lección sobre a amizade, a humildade,  a empatía, a sinceridade e todos os valores que nos amosa esta fermosa historia. 
  Grazas por non rechazar a nosa proposición, sabendo que xuño non é un mes doado. Grazas sobre todo, pola túa implicación e profesionalidade. Unha sorte terte entre nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario