DÍA DO LIBRO 2013

   Hoxe, 23 de Abril, podemos dicir que é o noso día, o día do libro e polo tanto o día da nosa biblioteca, o día de Leo, Biblín, Comepáxinas...

   Este ano e co fin de dar a coñecer un pouquiño de todo o que está a acontecer dentro da  nosa biblioteca, fixemos unha exposición coa nosa tradicional MALETA VIAXEIRA, que vai de casa en casa da man dos nosos alumnos de 4º de Primaria.
 O CONTO VIAXEIRO, onde acompañadas dos nosos compañeiros de terceiro, as nosas mascotas coñecen novos países, pois están decididas a dar a volta ao mundo.

 E quen non coñece xa os nosos CONTOS DE SOFÁ  e ao gran protagonista, o sofá azul da biblioteca.

   Por outra banda, neste día tan especial, os nosos compañeiros de primeiro e segundo, coordinados polas súas mestras,  Ana e Carmela; agasallaron ao resto da comunidade educativa do centro, con rosas conmemorando dito día e lembrándonos esta costume tan catalá polo día de San Jordi.

  Os alumnos de infantil, adicaron o libro a Cervantes e o seu Quixote. Que gran traballo o dos nosos peques e as súas mestras!

   E por último, coa colaboración de moitos dos alumnos dos distintos cursos do colexio, pais e mestres, elaborouse unha exposición que leva por nome "SALVANDO LIBROS".

No hay comentarios:

Publicar un comentario