RAFA AGULLÓ NOS CONTOS DE SOFÁ

  Con todos vostedes...

  Rafa Agulló, Director da nosa benquerida Escola de Música.

  A verdade que o enigma que plantexabamos fai uns días era de fácil solución, porque a estas alturas é difícil atopar a alguén que non coñeza ao director da Banda de Silleda. Os alumnos de primeiro ciclo tiveron a sorte e a honra de contar coa súa visita e escoitar o marabilloso conto de "Piccolo, Saxo e cía".

   Este pasado venres, Rafa contounos que un día os violíns descubriran uns instrumentos diferentes a eles: eran os membros da familia de vento, pero decatáronse de que aínda eran moitas as familias que non coñecían. Así que decidiron emprender unha viaxe en busca de novas familias e novos sons, descubrindo o ben que soaban os distintos instrumentos.

  Grazas a Rafa e coa axuda de Píccolo e Saxo, achegámonos as distintas familias de instrumentos.

 Cabe dicir, e sen querer ser pretenciosos, que xa coñeciamos a case todos. Sería pola labor do noso mestre de música? Ou quizais sería pola labor dos profes da Escola e o seu director? Sexa como fose, o máis importante é que ademais de aprender, divertímonos participando nunha actividade tan esquecida e á vez enriquecedora como escoitar un conto; e se ademais vai acompañado de música... mellor que mellor.

Gracias Rafa por regalarnos una tarde de cuento,
por tu buen hacer,
por la formación musical que improntas en muchos de nuestros alumnos,
por tu profesionalidad y porque últimamente, decir Silleda, es decir...
             MÚSICA.
En nuestra biblioteca
 siempre habrá un espacio 
para tú música y tus cuentos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario