Xa están aquí, a puntiño de saír do forno, o que todos estabades agardando... os nosos Contos de sofá. Despois da boa acollida do curso pasado, Leo e Biblín tomaron boa nota desta actividade e queren continuar con este obradoiro de animación á lectura, grazas a eses contacontos tan "profesionais" que contratan cada quince días.
Sen máis lerias, comezamos. Confirmado o primeiro conto deste curso e confirmada tamén a primeira data. Será "El Sastrecillo valiente", o vindeiro venres, 18 de outubro. En canto ao contacontos que asistirá, iso todavía quedará en segredo. Estade atentos aos carteis, que pronto sairán ao patio. Unha pista:
"O seu nome non é nin Nati, nin Carmen, nin Rafa, nin Ana Belén, nin Ramón, nin Rosa, nin Paz, nin Toño"
Grazas a todos eles por ser os nosos ousados primeiros contacontos, e por suposto, por contar con nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario