LENDO NAS PEDROSAS

  Con motivo da convivencia de inicio de curso, os nosos padriños lectores de Sexto de Primaria, tiveron a marabillosa ocurrencia de prepararlles uns fermosos contos a cadanseu afillado de Primeiro. E que mellor lugar para poñer a primeira pedra desta experiencia, que facelo no incomparable marco das Pedrosas, cobixados polos seus maxestuosos carballos. Así puidemos comprobar ,como por cada árbore, por cada pedra, en cada banco, escoitábanse as verbas que saían de contos de medo coma "O home do saco". Que caeron "Chuzos de punta".Que alguén soñou que era un gato. Que sobrevoaron pombas con nome de Paz. Que atopamos a Nemo e descubrimos que Matías ten un soño. E que alguén quere ser adoptado.

  Tan so se pode dicir que foi unha vivencia extraordinaria. Por ser a primeira, por ser onde foi, polas caras de atención e sorpresa dos alumnos de Primeiro e as de ilusión e agarimo dos alumnos de Sexto. So queda dicir grazas a todos e que xa estamos preparando a segunda "quedada lectora".
Isto xa non ten volta atrás. 
Toca LER E SOÑAR!

No hay comentarios:

Publicar un comentario