Con ela compartimos un bo rato de risos e sabedoría, posto que antes de comezar co conto, Mary explicounos, dedal e agulla en man, que era un sastre. De esta forma, tómamoslle a medida ao noso compañeiro Miro e quen sabe se algún día recibirá o seu traxe.
Unha vez que tiñamos claro en que consistía dita profesión, comezou o conto. Xigantes, unicornios, Reis, Princesas... e silencio, moito silencio. Todos concentrados, iamos escoitando das verbas de Mary,como o seu moderno sastrecillo ía superando as probas que se lle presentaban para...
Non desvelaremos máis, posto que prometímoslle a nosa contacontos que o iamos contar na casa, e non vaia ser que alguén se despistase e non o fixese aínda.
Foi unha tarde moi divertida. Ao remate obsequiounos cunha ficha para colorear e nós entregámoslle unha fermosa rosa, en sinal do noso agradecemento. Sinatura no noso libro da fama, foto de grupo,e o peor de todo, a despedida. Xa estamos desexando que volte a ser venres, e descubrir así, ao noso seguinte contacontos.
Grazas Mary.
Por poñerlle paixón coma sempre.
Por inaugurar a segunda tempada.
Por vir "armada" ata os dentes.
Por axudar a que amen os contos.
Por achegarnos ao sastrecillo valiente.
E por ser...mestra de mestres.
E por ser...mestra de mestres.




No hay comentarios:
Publicar un comentario