OS AVÓS DE ANTÍA, CONTAN

  O pasado venres recibimos no noso lar, na biblioteca do colexio, unha visita sorpresa. Foi a dos avós de Antía Tejo de 5º de Primaria. Eles chámanse Mari e José Antonio. Non sei moi ben a que viñan. Tan so sei que sentaron no noso xa famoso sofá azul e respostaban ás numerosas preguntas que lle facían os alumnos do Terceiro Ciclo. 

  Tamén vimos por alí aos mestres Pepe, Carme, Marisol e José Manuel. Ao parecer teñen un novo proxecto chamado "Os nosos avós contan". E que contan? Estes de terceiro ciclo xa non saben o que facer... Parecer parecía que o pasaban ben. Seguirei informándome. Seica teñen un blog de ciclo. Será cuestión de entrar nel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario