CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO... COEDUCACIÓN


  O xoves 21 de novembro, a semana pasada, tivemos a xornada de formación na "Transmisión de estereotipos na sociedade. A publicidade e o consumo de xoguetes", dentro do programa do CIM de Silleda "COEDUCAMOS". 
  Os alumnos do terceiro ciclo desplazámonos ata a nosa biblioteca, e ademais de saudar a Leo e Biblín, que por alí andaban, atopámonos con Sabela e Adriana, as nosas monitoras.
  Elas explicáronnos cousas moi interesantes sobre a publicidade dos xoguetes e o enganosa que pode chegar a ser. Tamén reflexionamos sobre os xogos de nenas e de nenos, e chegamos a conclusión de que iso eran "estereotipos", que non hai xogos para nenas e outros so para nenos.  

  Por se non nos quedara claro e para librarnos desta palabra tan longa, as nosas monitoras ensináronnos a facer un arma defensiva: "O sombreiro contra os estereotipos". A verdade é que funcionar, funciona, ou iso foi o que nos contou Biblín.
  Para completar ista actividade, desde a clase de Cidadanía e para conmemorar o día contra a violencia de xénero, os alumnos de 6º de Primaria, axudados pola nosa teacher, Mónica, elaboramos uns simbólicos dorsais de lembranza ás víctimas. Unha vez realizados, dirixímonos cara o CIM para participar na concentración que alí se organizaba en repulsa contra a violencia de xénero. 

  Nós estamos en contra de todas as violencias, pero coa violencia de xénero máis se cabe. 
  Foi unha fermosa actividade que cumpliu un dos obxectivos principais que debe ter todo acto educativo... Fíxonos pensar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario