Outro venres, outro conto. Bibllín e Leo están un chisco anoxados porque din que damos unhas pistas moi sinxelas sobre o contacontos que nos visita cada semana e sobre o conto que ven compartir con nós. Como non queremos perder a súa amizade, decidimos complicalo un pouquiño máis. Esta semana toca acertijo, na honra dos nosos compañeiros de terceiro ciclo e os xa famosos acertijos e adiviñas semanais. Se non conseguides dar coa solución podedes consultalo con eles que están feitos uns expertos na materia. Ben, aquí volo deixamos:
"Se queredes saber quen nos ven visitar,
a relación entre un mandilón azul, unha avestruz, unha mestra do cole e Mariluz
debedes adiviñar."
No hay comentarios:
Publicar un comentario