A semana pasada botou a andar "DEBULLANDO LIBROS", unha nova proposta da
nosa biblioteca, orientada ao fomento da lectura entre o alumnado de
Secundaria.
Un FALADOIRO LITERARIO inspirado na aprendizaxe dialóxica, estimulando a lectura mediante a interacción e as habilidades
socio-emocionais, fomentando a comprensión, profundizando na súa
interpretación e reflexionando criticamente sobre a vida e a sociedade.
Comezamos cos alumnos de Educación para a Cidadanía e encantounos.
"O inferno de Marta",foi o primeiro libro "debullado" polos alumnos de 2º de
ESO. Unha historia sobre a VIOLENCIA DE XÉNERO, as diferentes formas de
maltrato e o illamento das vítimas.
Trala lectura individual chegou o traballo en pequenos grupos. Aprender a sintetizar, a analizar e interpretar a información...
A continuación, tocaba aprender a debater, a dialogar, a perder o medo a falar en público e expresar opinións respectando as quendas.
Así pasamos en apenas un intre, da
lectura individual á análise compartida potenciando a socialización da
lectura e xerando, a un tempo, unha actividade de escoita nos
participantes.
E rematamos cunha reflexión:
"DESCUBRINDO A CARA LÚDICA DA LECTURA. A MOTIVACIÓN POLA LECTURA PODE CONTAXIARSE."
ESTAMOS CONVENCIDOS!









No hay comentarios:
Publicar un comentario