MACA CARBALLO contando ROSA CARAMELO

    A última sesión dos contos de sofá, non podía ter unha convidada mellor para despedir o 2013 que Maca Carballo, traballadora social do Concello de Silleda, antiga alumna do colexio e tía da nosa compañeira Claudia de 6º de Primaria.

 Disfrutamos moito con Rosa Caramelo, e o mellor de todo foi que aprendimos un montón de cousas, pero unha ben importante "os nenos e as nenas somos iguais", completando así a formación recibida na semana de coeducación que tivemos. Velaquí tedes o argumento do fermoso conto de Maca:

"Hubo un tiempo en el que las elefantas eran de color rosa caramelo. Esto era así porque, a las elefantas, desde que nacían, se las encerraba en un jardincito vallado donde comían unas flores que le daban ese color dulce. Solo Margarita, entre todas las elefantitas, no se volvía ni un poco rosa. Sus padres la reñían por no adquirir esa tonalidad y trataban de asustarla diciéndole que, si seguía así de gris, ningún elefante querría casarse con ella cuando fuera mayor. Pero Margarita ni se asustó ni aceptó la imposición del encierro. Y tomó una decisión crucial para ella y para todas las elefantas."

   Ao remate, Maca contestou á innumerable cantidade de preguntas que fixemos. Unha por unha foi resolvendo as nosa dúbidas. Agardamos que non te cansaramos moito.
  A continuación, Maca asinou no noso libro de visitantes ilustres e adicounos o conto que deixou de agasallo para a nosa biblioteca, co fin de que o leamos ao longo do curso. 

 Finalmente, sacamos a foto de grupo que tanto nos gusta. Pasámolo moi ben lembrando os xogos tradicionais aos que xogaban Maca e as nosas mestras Ana e Carmela no seu tempo. Maca prometeunos vir xogar un día connosco ao patio e ensinarnos eses divertidos xogos. (Tomámosche a palabra).


E colorín colorado, 
os contos de sofá no 2013,
remataron.

Grazas Maca pola túa ilusión
 polos nosos contos de sofá,
polo teu traballo en favor dos demais.
Por ser incansable na resolución de dúbidas
por lembrarnos os antigos xogos de patio.
Grazas por poñerlle a guinda
 a este fermoso pastel.
Grazas por pechalo ano.THE END. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario