O venres 14 de marzo, recibimos na biblioteca do centro, o fogar das nosas mascotas Leo e Biblín, ao avó de Noel, Eloi e Leo; e pai da mestra de Infantil 4 anos, Marta. Recibimos a visita de Albino De La Fuente dentro do proxecto educativo levado a cabo polos alumnos do terceiro ciclo "Os nosos avós contan".
Albino respostou moi amablemente a todas as preguntas que os alumnos de 5º e 6º lles tiñan preparadas. Así soubemos que antes de traballar como empregado de banca no Banco Gallego de Lalín (actualmente está xubilado), fora mestre en distintas parroquias da zona.
Contounos anécdotas da súa nenez en Escuadro, que transcorreu entre os xogos da época, como a estornela; as visitas ao río; facer os seus propios xoguetes, como as bicicletas de madeira... Tamén contounos algunha curiosidade da escola como que as nenas e os nenos estaban separadas, que so tiñan un mestre para todas as materias e algunha trasnada feita que non imos contar.
Falounos do seu paso polo Seminario de Lugo e o seu paso por Maxisterio, para adicarse a impartir clases. Sobre este tema e grazas a pregunta do noso compañeiro Gonzalo ("Se na súa época os mestres pegábanlle aos alumnos, vostede que foi mestre, pegoulle a algún?") , soubemos que so lle tivera que tirar das orellas a un alumno durante os seus anos entre pupitres.
Contounos tamén o moito que lle gustaban os deportes e o moito que os practicou, tanto en Escuadro coma no Seminario. Descubrimos que xogou ao fútbol e ao baloncesto, gañando varias copas como poidemos ver nas fotos que nos trouxo, nas que nos chamou a atención o alto que era e segue sendo.
Deunos un bo consello: "Que nos preparemos moito na escola para a vida, pero que onde máis imos aprender, é na propia vida, coas experiencias vividas."
Falounos do seu paso polo servizo militar, soubemos que era do Real Madrid e seguidor de todos os equipos galegos. Foi unha tarde moi agradable e da que sacamos moitos coñecementos.
Para rematar, sacamos a foto de grupo e entregámoslle un agasallo pola súa implicación no noso proxecto. Asinou no noso libro de visitas e dímoslle un forte aplauso de despedida.
Falounos do seu paso polo servizo militar, soubemos que era do Real Madrid e seguidor de todos os equipos galegos. Foi unha tarde moi agradable e da que sacamos moitos coñecementos.
Para rematar, sacamos a foto de grupo e entregámoslle un agasallo pola súa implicación no noso proxecto. Asinou no noso libro de visitas e dímoslle un forte aplauso de despedida.






No hay comentarios:
Publicar un comentario