Este ano, como novidade, e visto o éxito que tiñan as actividades de búsqueda no dicionario nas clases de Lengua, o equipo da Biblioteca decidiu pór en marcha o primeiro "Torneo de Búsqueda no Dicionario". O éxito foi rotundo. Establecéronse dúas categorías: Primaria e ESO.
Nun primeiro momento organizáronse quendas de seis alumnos dos que se clasificaban dous de cada quenda. Así, puidemos ver como os alumnos Javier Darriba, Uxía Lamela, Noel López, Micaela Corrales, Santiago Sánchez, Claudia Carballo, Salah Mato, Óscar Otero e Xoel Filloi, acadaban a segunda ronda do torneo na categoría de Primaria.
Nesta categoría, os alumnos que non se clasificaron, pasaron a unha repesca, da que se rescataban a tres alumnos para a fase final. Os gañadores foron Aroa Vinseiro, Adrián Baltán e Efrén Lorenzo.
Na segunda fase, os enfrontamentos foron directos (un contra outro), producíndose búsquedas moi disputadas e de gran velocidade. Despois de ir gañando as súas búsquedas; Claudia Carballo, Noel López, Salah Mato e Xoel Filloi chegaron a semifinais. Nestas, Salah Mato venceu a Noel López e Claudia Carballo fixo o propio con Xoel Filloi, converténdose en finalistas do I Torneo de Búsqueda no Dicionario. A final terá lugar o vindeiro día 23 de abril , "Día do libro", no patio do colexio.
No enfrontamento polo terceiro e cuarto posto, Noel López gañou a Xoel Filloi, ocupando así o terceiro posto do "caixón".






No hay comentarios:
Publicar un comentario