COCORICO, contado polo noso director.

 Chegou a hora do noso último conto de sofá deste curso 2013-2014, e quen mellor para poñer o punto e seguido, que o director do noso colexio, D. Luis, que nos preparou o fermoso conto de "Cocorico".
 Foi un conto dramatizado, un conto con imaxes e sons, que puidemos ver e escoitar a través da pizarra dixital da biblioteca.

 Foi moi divertido ver como o noso director se poñía na pel do gato (un pouco feroz), da nai(chea de tenrura)e por suposto, de Cocorico, un pitiño inquedo ao que se lle esquecen as promesas que fai.
 Nós tamén puxemos a nosa parte do conto. Fixemos "un biscoito imaxinario": puxemos fariña, leite, cascamos ovos, relamos limón... e mesturamos, mesturamos e metémolo a cocer.

 Cando D.Luis abriu o forno especial que había nun recuncho da biblioteca... Sorpresa! Apareceu un gran biscoito! A verdade e que quedounos moi rico. Mentras o comiamos todos xuntos, aprendemos a canción de Cocorico.
          
 Tivemos unha xornada inesquecible, e puidemos levar para as nosas casas a receita do biscoito para facelo outro día coas nosas familias.
 O máis importante, ademais do biscoito, foi lembrar a mensaxe do conto: 
"Temos que ser pacientes e cumprir as nosas promesas... e aprender a compartir, non vaia ser que nos levemos un susto, como lle pasou ao noso amiguiño."

Grazas D. Luis
por facernos pasar un intre tan divertido.
Por reconstruír a biblioteca,
e por colocarlle un sofá azul,
xermen de todo isto.
Grazas por cociñar para nós...
grazas por contar con nós.

 Boas vacacións para todos, e lembrade ler e escoitar fermosas e fantásticas historias este verán. Nós non descansamos, xa estamos a preparar os Contos de sofá 2014-2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario