O outro día recibimos a visita dunha artesá das palabras, dunha creadora de soños. Unha escritora profesional e esixente, doce e amable, que soubo captar a nosa atención en todo momento.
Recibimos a visita de Fina Casalderrey, unha visita moi especial. Sabiades que se non é por nós e outros nenos, ela non sería famosa? Así é. Fina contounos o importante que somos para todos os escritores, porque se non lemos os seus libros... eles non serían nada. Que importantes nos sentimos, despois das súas fermosas verbas!
Pois eso foi o que fixemos durante este curso, ler e disfrutar dos seus libros. Os de primeiro e segundo de Primaria, elexiron "Un saco de estrelas"; os de terceiro e cuarto, escolleron "Quen me quere adoptar?"; e os maiores leron "Ás de mosca para Anxo."
Descubrimos que nacera nunha biblioteca, que aos dous anos xa lía e escribía e que no seu fogar non había xoguetes, tan só libros e máis libros... Ao remate, soubemos que fora unha pequena mentira que ela contara.
Fina lembrounos o importante que son as palabras e a importancia do seu emprego.Non fai falla que as palabras sexan raras, longas... todas son igual de importantes. Só hai unha receita para empregalas ben, e é ser amable e agarimoso con elas.
Se así o facemos e engadimos un pouquiño de imaxinación, nós tamén poderemos ser grandes escritores no futuro.
Se así o facemos e engadimos un pouquiño de imaxinación, nós tamén poderemos ser grandes escritores no futuro.
Grazas Fina, de seguro que nós pasamos por ti, pero non dubides que ti, quedaches en nós para sempre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario