Primeiro día de curso e xa traballando?
Non podía ser doutro xeito. Os nenos e nenas de 6º de Primaria ao igual que os seus compañeiros de 1º de Primaria, estaban desexando comezar o apadriñamento lector canto antes.
Tras o éxito que tivo dita actividade de fomento da lectura o curso pasado, as titoras Marisol Asorey e Ana Cerdeira, decidiron non agardar máis e poñerse mans a obra, elaboraron os contratos de apadriñamento e a asinalos.
A biblioteca foi o lugar escollido para que os alumnos de sexto fixesen de padriños e madriñas lectoras dos nenos e nenas de primeiro.
Estos últimos, recén aterrados nunha nova e longa etapa, Primaria, víronse envoltos nun solemne acto, onde asinaron un contrato polo cal adquiren o compromiso
de portarse ben cando os seus padriños lles lean, escoitalos con atención e disfrutar da arte de ler. Os veteráns de Sexto, comprométense a lerlles entretidos contos e a intentar que o gusto pola lectura xermole nos máis pequerrechos.
Os contratos quedaron asinados e as apertas dadas, xa tan só quedaba o máis importante... comezar a ler.
- The Foggy Foggy Forest(Nick Sharrat)
- O Coelliño Branco(Xosé Ballesteros- Óscar Villar).
Aquí vos deixamos a lista dos padriños e madriñas cos seus afillados e afilladas:
- Laura, Si Yu e Qin Yunfei.
- Javier, Zalo e Leandro.
- Guille, Carlos e Millán.
- Patri G, Noa e Area.
- Noel, Lois e Felipe.
- Patri Quinteiro, María e Aroa Filloi.
- Xoel, Iago e Millán Luaces.
- Lucía e Alba Matanzas.
- Zayra e Sara.
- Antía e Alba Moares.
- Matías, Elvis e Nicolás.
- Rubén e Martín.
Todos os nenos agardan a súa próxima xuntanza para ler, disfrutar e soñar a través dos relatos.
Agardamos que o curso sexa rico en contos e que esta relación literaria perdure no tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario