En maio sentou no noso sofá D. José, párroco da nosa parroquia e actual presidente da Fundación María Colmeiro a que pertence o colexio. Grazas a el, os nosos compañeiros do Primerio ciclo de Primaria coñeceron o fermoso conto do "Espantapájaros".
Nel, cóntase a historia dun labrador moi avaro, tanto, que non deixaba que ninguén se achegara a súa horta,así que decidiu facer un espantallo que asustara aos paxaros que quixesen achegarse.
Aquí intervimos nós, para axudalo a construír o seu espantallo: cuns paus fixémos os brazos e as pernas, con palla o corpo, unha cabaza para a cabeza, dous grans de millo para os ollos e a boca, e unha cenoria para o nariz. A verdade e que foi moi divertido!
De súpeto, o labrador decatouse de que lle faltaba o máis importante... o corazón.Para iso empregou a mellor pera da súa pereira. Xa está, rematado!
Ao día seguinte, chegou un paxaro na procura de alimento da horta, ao ver ao espantallo preguntoulle se podía coller algo para alimentar aos seus fillos. Este respostoulle que non. Ante a tristeza do paxariño, o espantallo díxolle que podía comer as súas partes do corpo: a cenoria do nariz, o millo da boca ...
O paxaro ante esa boa acción, deulle un bico. Así o noso espantallo quedou sen algunha das súas partes do corpo, pero feliz da boa acción que fixera.
- Ese máis feliz axudando e compartindo cos demais.
- É importante rodearnos de boas persoas e contaxiarnos as boas accións.
Xa sabedes, se queredes ser felices, facede como o noso espantallo, compartide e tede en conta aos demais.
Grazas D.José
por sumarse ao noso proxecto lector,
por compartir con nós un anaco de venres,
por transmitir tantos valores.
As portas da nosa Biblioteca...
quedan abertas a futuras lendas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario