UNHA TARDE COA AVOA OBDULIA

  Seguindo co proxecto "Os nosos avós contan", chegou o momento de compartir unha tarde coa avoa da nosa compañeira Claudia, Dª. Obdulia. 
 Durante a nosa longa conversa tivemos o pracer de descubrir a unha muller adiantada ao seu tempo, con anécdotas tan sorprendentes a día de hoxe, coma que fora discriminada por falar galego de pequena. Quizais de aí, veña que o seu poema preferido sexa "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro.
 Deixounos importantes consellos para os nosos alumnos, coma non mentir e ser boas persoas. E para mestres e pais que deixen máis tempo de lecer aos nenos. 
 Encantáballe bordar, algo que facía ao saír do colexio e cando tiña tempo os domingos pola tarde, transmitíndolle esta afeción a súa neta Claudia.
 Compartiu connosco diversos momentos da súa nenez, que nos fixo chegar en forma de fotos antigas. 
 Explicounos a súa cercanía ao colexio, pois os seus fillos foron alumnos do centro, ao igual que na actualidade as súas netas.
 Falounos do seu gusto pola lectura e a súa importancia de cara á formación futura, algo que tratou de sementar nos seus.
 Unha tarde e unhas verbas, que sen dúbida permanecerán na nosa lembranza, ao longo do tempo. 

 Grazas de corazón, Obdulia. Para nós es sen dúbida, unha máis da nosa pequena gran familia.

1 comentario:

  1. Moitas grazas por publicar estas fotos tan bonitas que me traen un recordo desa maravillosa tarde con vós.
    Agradezco aínda a vosa invitación xa que foi un honor contarvos as miñas vivenzas.Grazas,de verdade.

    ResponderEliminar