APADRIÑAMENTO LECTOR NAS PEDROSAS

  Despois dunha longa camiñata por corredoiras descoñecidas, cun sol de xustiza e en contacto coa natureza, chegamos ao Parque das Pedrosas, lugar da nosa actividade de fomento da lectura.

  Que mellor sitio para ler e escoitar contos que baixo o cobixo deses fermosos carballos.
  Tras repoñer forzas e un breve descanso, tocaba cumprir co compromiso adquirido cos compañeiros de primeiro de Primaria, os nosos afillados lectores. Era o momento de ler!
  Cada padriño buscou ao seu afillado, escolleron unha boa árbore e ao seu pé, comezaron a escoitarse os contos escollidos. Así desa marabilla da natureza e marco incomparable para a nosa xornada, escoitouse o conto de Mariluz Avestruz, Cocorico, Rabietas, Carabuñas, Quen me quere adoptar?... Pola cara dos pequenos de Primaria, a actividade foi un éxito. Éxito para eles e para os maiores, que puideron estrearse na arte de ler e contar.
  Ao remate, fixemos preguntas sobre os contos para ver se estiveran atentos, e rematamos a xornada cos xogos que sempre nos prepara o noso mestre Manuel. Disfrutamos levando auga, facendo equilibrios, voando nun paracaídas...
  Xa estamos desexando que chegue a segunda xornada de apadriñamento lector, a segunda xornada de contos, a segunda xornada de cooperativismo lector. 
  A ler sen parar! Que non se diga!

No hay comentarios:

Publicar un comentario