O CONTO DE SUSA

 Desde que comezara o curso, os nosos alumnos de segundo de Primaria, tiñan moitas gañas de visitar a biblioteca e o seu famoso sofá; así como os alumnos de primeiro, que estaban desexosos  de coñecelo, despois de escoitar falar tanto del e dos contos que alí nacen. 
  Pois ben, que mellor día para estrear os Contos de Sofá 2014-2015 que o "Día internacional das Bibliotecas"!
  Nesta ocasión, a nosa convidada foi Susa, nai de Álvaro e Felipe (que por certo, exerceron de fantásticos axudantes)e que viña cargadiña de agasallos para todos.
  O primeiro deles e o máis importante, foi o fermoso conto de "Cirilo, el cocodrilo", unha fermosa historia chea de sentimentos, tanto positivos como negativos. A verdade é que a cara dos nenos xa o dicía todo.
 Durante o conto, nós puxemos tamén o noso "gran de area", pois Susa preparounos unhas cartulinas para meternos de cheo no relato.

  Participamos na festa de entroido do protagonista e os seus amigos e convertémonos en Cirilo (todos diferentes, pero todos moi importantes).
  Ao rematar o conto, pintamos os debuxos de Cirilo da cor que máis nos gustaba, e tamén pintamos outro agasallo máis que nos trouxo Susa, un marcapáxinas.
  Moito traballaches, Susa!

  Aínda había unha última sorpresa máis! Os seus fillos, Felipe e Álvaro, agasalláronnos cun exemplar do libro para que gardasen Leo e Biblín na nosa biblioteca, e así poder disfrutar del durante todo o curso.
  Como podedes ver nas fotos, foi unha tarde moi divertida.
  Grazas Susa 
polo moito que traballaches para nós;
por presentarnos a Cirilo, o cocodrilo; 
por converter unha tarde de conto 
nunha tarde de sorrisos e aprendizaxes. 
Desde hoxe formas parte
 da nosa pequena gran familia.
Volta cando queiras,
na nosa biblioteca hai un sofá 
agardando por ti.

No hay comentarios:

Publicar un comentario