CONTANDO CON CARMEN SEOANE

 Venres, 23 de xaneiro. Xa estamos de volta no noso sofá, de volta na biblioteca.

 Hoxe, Mª Carmen, nai do noso compañeiro de 2º de Primaria Antonio Soutiño, chegou preparada e ilusionada para compartir con nós A viaxe das Bolboretas.
 Unha historia, como sempre, fermosa, fantástica e ao mesmo tempo cotiá: aparecen amigos, inimigos, conflictos... que só se poden superar coa solidaridade; e finalmente, o amor.
Encántannos as historias que rematan ben!
  E que dicir de Carmen, deixounos abraiados! Sabe como falan os diferentes personaxes: o vermiño, o grilo, a xoaniña, a formiga... cos seus continuos cambios de  voz, xa pensamos que ían entrar pola porta da biblioteca en calquer momento. Tívonos "encandilados" desde o primeiro momento!
  Coma sempre, ao remate do conto chegaron as sorpresas. Carmen viña preparadísima cunha gran bolsa chea de materiais diferentes: cartolinas, plastilina, limpapipas... Pero mellor que volo contemos nós, é que vexades o resultado, mirade que cousas tan fermosas fixemos!


Grazas Carmen
 por unha tarde tan,tan divertida.
Por poñer sol neste tempo de neve,
polo conto e sobre todo...
por como o CONTAS.
A nosa biblioteca, o teu fogar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario