Compartindo verbas con NÚÑEZ SINGALA

O pasado 16 de decembro visitou a nosa biblioteca Manuel Núñez Singala,  esritor e responsable de Normalización e Dinamización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.

Con el puidemos achegarnos ao mundo do teatro, a través de dúas das súas obras teatrais que lemos na aula, en 3º e 4º da ESO:

 O achado do Castro, unha comedia chea de frescura e cun humor moi actual, que nos presenta unha historia de amor ambientada na antiga Roma.
Comedia Bífida, outra comedia que dun xeito moi ocorrente, trata sobre os prexuízos que os galegos temos sobre a nosa propia lingua.
Tivemos a oportunidade de falar con el sobre teatro e sobre da situación actual do galego e do castelán na nosa comunidade, que nos levou a reflexionar sobre o mundo tan complexo das linguas e dos seus falantes, deixándonos unha mensaxe clara: POR QUE TEMOS QUE ESCOLLER UNHA CANDO NOS PODEMOS QUEDAR COAS DÚAS!
Grazas Manuel pola túa visita!

No hay comentarios:

Publicar un comentario