María José Suárez e Feroz, o lobo

 No mes de xaneiro tivemos o pracer de recibir no noso sofá a María José Suárez, nai de Martina e por sempre compañeira; que veu disposta a compartir con todos os nenos e nenas unha fermosa historia de Margarita del Mazo titulada "Feroz, o lobo".
  A ela o que máis lle gustaba era cambiar os contos tradicionais, e neste, Feroz, o protagonista, era un lobo cunha mala sona inxustificada, alomenos para a autora.
  Foi moi doado manter a atención, xa que os cambios de voz, as imaxes, o suspense, o terror... mantívonos todo o tempo coa boca aberta!
  Como ben nos dixo María José,o final do conto non pintaba moi ben, estabamos a imaxinar o peor final posible. Feroz ía "papar" a Carapuchiña... 
pero, de súpeto, decatámonos de que non era ese o desenlace. Nada máis lonxe da realidade. O que Feroz pretendía era agasallar a Carapuchiña cunha rica torta para celebrar o seu aniversario.
 Ao remate, e como xa nos anunciara María José, puxémonos a filosofar, non podía ser doutra forma tendo ante nós a toda unha experta na materia.
 Cunhas explicacións e moite interese pola nosa parte, comezamos a darlle voltas á cabeza para respostar ás preguntas que nos facía. Moitos filosofamos!
 Espertou en nós unha gran curiosidade por coñecer a vida e os costumes do lobo, o protagonista esa tarde. Foi unha clase maxistral!
 O tempo esgotábase, e era o momento das formalidades: asinar no libro de "ilustres", a foto de familia, os agasallos...
 A sorpresa chegou cando iamos saír de camiño a casa, pois a nosa convidada, agasallounos cuns fermosos broches e uns marcapáxinas do protagonista.
Grazas María José por un gran conto,
no que o malo e Feroz, non sempre remata mal.
Por ensinarnos a arte de filosofar.
Pola túa fermosa forma de "contar".
Por manternos os ollos abertos,
 e a boca sen pechar.
Sempre dicimos que a nosa biblioteca

 é o voso fogar.
 No teu caso sabemos que o foi,
 que o é,
e que para sempre o será.

No hay comentarios:

Publicar un comentario