VOLTA IAGO, O NOSO CONTACONTOS DE CABECEIRA.

  O luns 14 de marzo, visitou a nosa biblioteca, Iago, un xenial contacontos que xa nos deleitara coa súa compaña o curso pasado. Elixiu para esta xornada de animación á lectura, o conto "Feliz Feroz, o lobiño riquiño".
 O primeiro que fixo foi crear un bo clima para escoitar a historia. Así que coa súa voz profunda, convidou aos nenos a mergullarse na obra...
 A irmá do lobo feroz estaba moi preocupada porque o seu fillo non era feroz, era boísimo! Feroz dille que o mande á súa casa e que el encargarase de convertelo en malo, malísimo.
 Aquí entra en acción Álvaro Jar, o noso compañeiro de terceiro, que será o lobiño riquiño. Feroz dille que o primeiro que ten que aprender é a ouvear moi forte para meter moito medo, pero o ouvido que lle sae dá risa! Logo mándao cazar coellos, pero el séntase a comer unha ensalada con eles. Os nenos botan a rir porque Feroz corre detrás del no lombo cunhas cenorias!
 Nese intre, fai a súa presenza en escea Carapuchiña Vermella que é a nosa compañeira Alba de primeiro de Primaria. Unha Carapuchiña non pode estar sen a súa carapucha, así que dunha caixa sae xunto coa cesta da merenda. Feroz dille ao lobiño que ten que facerse amigo dela e contarlle mentiras para logo papala, pero non, el senta tomar café con ela e coa avoiña!
 O verdadeiro enfado de Feroz con el foi cando lle preparou un torta de cenorias, cando el realmente o que quería era un cordeiro ao forno! Todo ten arranxo e o desta historia foi cando lobiño convidouno a probala. Estaba tan boa que o perdonou e desde ese día consentiu e aceptou que lobiño non fose malo, malísimo, senón un lobiño riquiño.
 E así rematou outra fermosa xornada de contos de sofá, da man de Iago, o noso contacontos de cabeceira. Xa sabes Iago que din que non hai dúas sen tres, e nós encantados de que así sexa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario