Portal Fernández con "Siete ratones ciegos"

 En xaneiro sentou no noso sofá, Portal Fernández, nai das alumnas Naida e Leire, de 2º de Primaria e 1º de ESO e por sempre compañeira. Portal non veu soa, trouxo con ela a "Siete ratones ciegos", unha fermosa obra de Ed Young.
    
 Unha fábula que tivo aos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria, intrigados ata o final, xa que coa axuda dunhas transparencias, foron capaces de entender porque os ratos tiñan opinións tan distintas de todo o que vían.En cada unha delas aparecía un debuxo que camuflaba o obxecto real.
                           
 Ao igual que os ratos, os alumnos ían dicindo o que vían: unha serpe, un acantilado, unha lanza, un abano, unha corda, un pilar...
                           
 Finalmente puidemos descubrir que todos tiñan razón no que dicían, pois o que realmente se agochaba era un elefante. A intrigante fábula remata cunha rimada e humorística "Moraleja ratonera":

"Si solo conoces por partes
dirás siempre tonterías, 
pero si puedes ver el todo, hablarás con sabiduría."
            
 Co conto tamén repasamos cálculo, os días da semana, resolución de problemas, conceptos como arriba e abaixo, esquerda e dereita... Pódeselle pedir máis a un conto?
                            
 Xogamos a adiviñar de que se trataba puidendo ver tan só unha parte, cunhas "ventás máxicas". Así adiviñamos un coche, unhas luvas, animais...
                              

 Para rematar, Portal agasallounos cuns ratiños, os protagonistas, que viñan cunha saborosa sorpresa!
                                 
                                 
Grazas Portal por divertirnos,
por ensinar tanto cun pequeno conto.
Por mostrarnos un anaquiño do teu bo facer. 
Abofé que é importante coñecer o todo... 
antes que quedarse só coas partes.
Xa sabes que o lar de Leo e Biblín 
foi, é e será o teu fogar por sempre. 
Bótasete de menos.

                               

                                

No hay comentarios:

Publicar un comentario