A POTA QUE TROTA, con Mercedes Soto

No mes de decembro sentou no noso sofá Mercedes Soto, nai dos nosos compañeiros de 1º e 4º de Primaria, Sira e Miro. 
  
 A historia é unha metáfora da solidariedade e do egoísmo a partes iguais, e isto é posible grazas a unha pota que reparte o que lle sobra ao rei entre os que nada teñen. Así, aprendemos con moito humor que a equidade é a mellor das solucións.
O conto comeza presentandoao rei entre os que nada teñen. Así, aprendemos con moito humor que a equidade é a mellor das solucións.

O conto comeza presentando ao rei, as súas riquezas, gardadas nunha torre e a súa avaricia. Namentres, unha parella de labregos, que nada teñen, entran en conflicto cando teñen que vender o único que lles queda, a súa vaca.. Entón aparece un personaxe con adobíos que recordan os dun mago, e cámbialle a vaca por una vella pota.


Descobren a maxia e astucia da pota e ponse de manifesto a xenerosidade dos labregos, que comparten todo cos veciños. Isto terá unha recompensa: ao limparen os veciños a pota en sinal de agradecemento e deixala brillante coma o ouro, ela poderá camuflarse nos dominios do rei e enganalo. O rei recibe un castigo humillante: perde as súas riquezas e queda atrapado na pota, desaparecendo para sempre daquel lugar.
Mercedes contou con dous axudantes moi especiais:, os seus fillos. Miro encargouse de ir ensinando as preciosas ilustracións do conto e Sira converteuse na pota que trota.
Despois do conto, Mercedes falounos da importancia de ser solidarios ao longo da nosa vida e dounos catro puntos importantes que recordar sempre:
  • Ter empatía coa xente que o necesita.
  • Ter gañas de axudar.
  • Facer efectiva esa axuda.
  • Sentirse ben; esa será a nosa recompensa por axudar.

Grazas Mercedes
por unha gran tarde de conto,
por unha tarde de grandes ensinanzas,
por unha tarde de importantes valores,
que abofé son as mellores aprendizaxes que os alumnos poden levar nestes tempos.
O lar de Leo e Biblín, a nosa biblioteca, desde hoxe, o teu fogar. 
              

No hay comentarios:

Publicar un comentario