Comezamos un novo curso, e aínda que cun pouco de retraso, xa puidemos gozar do noso primeiro conto de sofá.
Visitounos Yolanda Villar (nai de Carmen Pose, a nosa compañeira de 1º de Primaria)co conto “Crisol e a súa estrela”, da autora Begoña Ibarrola, especialista en intelixencia emocional.
A historia transcorre nun pobo moi especial (Terra Cristal), pois os seus habitantes ao cumprir os sete anos elixen una estrela para comunicarse con novos amigos.
Crisol está moi nervioso, pois ten medo de non poder contactar con eles; pero ahí está o seu mestre (Crisferón) para recomendarlle que teña confianza en si mesmo e que non dubide.
Crisol así o fai, e despois de pensar en cousas agradables, e con moita forza, consegue contactar cos novos amigos do Sistema Arturus.
Todos estabamos un pouco preocupados por Crisol, pero como nos explicou Yolanda, ante probas duras na nosa vida é moi importante ter confianza nun mesmo, e que para iso, precisamos dunha gran dose de esforzo para acadar o éxito.
Yolanda agasallounos cunhas“variñas máxicas” para os nenos de primeiro, e unas follas de traballo para os alumnos de segundo.
Os alumnos de 1º de Primaria decidimos poñer na clase a nosa “particular estrela” cunha mensaxe especial para cada un dos nenos. Deste xeito, cando precisemos unha “pequena axuda” nas nosas dificultades na aula, poderemos mirala e daranos a forza para continuar e non desanimarnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario