CONTOS DE SOFÁ NO DÍA DO LIBRO

   Este mes de abril sentou no noso sofá Mari Carmen, nai de Ainhoa, compañeira de 2º de Primaria. Como sempre, foi unha sesión moi agardada polos alumnos. Nesta ocasión poderíamola titular:”Tarde de fábula”.
   Foi a guinda a unha serie de actividades programadas no colexio para unha xornada tan especial para nós, como o Día do Libro. 
   A historia desta tarde comeza cando Tristán chega xunto ao seu avó rindo, porque acaba de ver como ao seu amigo Damián, sucédenlle unha serie de “desgrazas” (cae polas escaleiras despois de meter un pé nun caldeiro de auga).O avó explícalle ao neno que iso non está ben e decide contarlle a fábula de “Arturo el inseguro”.
  Arturo é un saltón que estaba ferido nunha das súas patiñas e custáballe moito moverse polo campo. Uns escaravellos rinse del e da súa mala sorte, pero de súpeto aparece a súa amiga a libélula e failles ver que iso non está ben. Eles mesmos puidérono comprobar cando caen da folla onde están, e Arturo interésase por eles. Ao final da historia, deciden axudarse uns aos outros.
  Os alumnos escoitaron con moita atención a narración , así coma as explicacións de Maricarmen, e puideron darse conta da ensinanza moral da historia: ”Fai cos demais como queiras que fagan contigo. Recibiremos moito a cambio.”
  Queremos agradecer a MariCarmen a súa presenza no noso sofá e compartir connosco, cousas moi interesantes do seu país de orixe (Venezuela). Ademais agasallounos cuns doces e unas lambetadas, que estaban boísimas!
   Moitas grazas Maricarmen
 por achegarnos a través das fábulas ao respecto aos demais, 
á tolerancia,
á amizade...
Grazas tamén por achegarnos a figura dun país
 tan presente como Venezuela.
E como non,
 grazas por endulzarnos unha gran tarde de conto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario