Comezamos un novo curso, e con el, desde a biblioteca do colexio parten un ano máis, unha morea de actividades, que baixo a tutela de Leo e Biblín, pretenden achegar aos nosos alumnos e ás súas familias, o pracer pola LECTURA.
Collen voo así, dúas maletas ben cargadiñas de historias.
Colle camiño un conto que está disposto a dar a volta ao mundo.
Corren nerviosos, padriños e madriñas na procura de afillados e afilladas aos que encher de lerias, de risos, de agarimos...
Inxenuos alumnos apuran os seus miolos para atopar solucións a xogos de leas e enxeño.
Chegan os ecos de pais e nais que preguntan por un vello sofá azul do que din, que quen logra sentar nel, xa non volve ser o mesmo.
Bo comezo de CURSO.
Bo comezo de CONTOS.

No hay comentarios:
Publicar un comentario