Si benqueridas familias, como cada mes de outubro a biblioteca abre as súas portas para que personaxes sorpresa enchan de contos o maxín do noso alumnado de 1º e 2º de Primaria, baixo a atenta mirada de Leo e Biblín e co noso "Chester" azul como testemuña de excepción. Quen será o noso convidado deste mes de outubro?
Mentres se resolve a nosa dúbida, que mellor que comezar lembrando a última sesión dos Contos de Sofá do pasado curso que tivo lugar no mes de xuño.
A visita do noso mestre de Relixión, Julio Grandío, que desde a cidade da Muralla, veu acompañado de Paco, o protagonista desta tarde de contos.
Paco é un neno bastante vago, por non dicir moito, ao que a súa nai manda traballar, pero cada día fai algunha travesura...
Despois de divertidos contratempos e estrepitosos fracasos laborais, xa non queda ninguén na contorna que lle quera dar traballo. A súa perseveranza e o seu optimismo veranse finalmente recompensados.
Despois de divertidos contratempos e estrepitosos fracasos laborais, xa non queda ninguén na contorna que lle quera dar traballo. A súa perseveranza e o seu optimismo veranse finalmente recompensados.
Foi unha fermosa mañá na que ademais de aprender a importancia de superar os nosos medos e do valor da diversidade a través do conto de Paco Papán, escenificamos esceas do relato e bailamos o son da súa canción, que aquí compartimos para que bailedes connosco.
Ao remate, o noso convidado agasallounos cunhas bolsas moi doces e un debuxo para colorear, sacamos a foto para a lembranza con el e asinou no libro de visitas, deixando unhas verbas fermosísimas.
Foi un gran punto e final para os Contos de Sofá 2017-2018, contos que tardaremos en esquecer, comezando polo Paco Papán de Julio Grandío.
Moitas, Julio.
Aínda que foi pouco tempo,
foi suficiente para saber o gran profesional que eres e o que amas esta profesión.
Grazas por non dicir non, cando era o camiño máis doado, e enriba xuño, mes difícil coma poucos para nós os mestres.
Do conto, pouco que dicir:
rimos, cantamos, bailamos... e todo por culpa dun pequeno relato tan ben contado.
Que máis se lle pode pedir a unha sesión de animación á lectura!
Non pretendemos roubarche o teu corazón de Franciscano, pero si agardamos que por Lugo, camiñe un mestre de Franciscanos, un chisco Inmaculado."












No hay comentarios:
Publicar un comentario