Polo Samaín, contos de sofá con Rai Portas.

  Chegou o mes de outubro e con el o Samaín. Tempo de cabazas, de doces de outono, de contos de medo, de meigas e como non, de contos de sofá. 
  Este mes, recibimos unha visita un tanto especial, pois no noso sofá azul, desta vez sentou unha bruxa que quixo contar un dos contos clásicos dos famosos irmáns Grimm, Hansel e Gretel.
  Esta meiga estivo acompañada pola súa muller e as súas fillas, Sara e Raquel. Entendemos que a estas alturas xa vos destes conta, de que a bruxa non era tal, se non que se trataba de Rai Portas, o noso contacontos do mes de outubro.
  Con Rai e os irmáns Grimm, aprendemos valores tan positivos como o compañeirismo, o esforzo e o amor. Valores sobre os que refexionamos ao remate do conto, dialogando con Rai sobre a figura dos dous protagonistas e como superan as adversidades.
  Tras a pertinente foto de rigor, o agasallo pola súa participación e a sinatura no noso libro de visitas; foi a hora de recibir o agasallo que Rai e a súa familia nos tiñan preparados, uns fermosos e útiles estoxos de cores co logo da súa tenda de deportes "RAI SPORT". Abofé que non tardaremos moito en darlles uso.
 Grazas Rai por participar neste labor de animación á lectura, tan importante sempre e máis nestes últimos tempos. 

 Xa o feito de participar significa moito para os nosos alumnos; pero vir caracterizado, superou todas as nosas espectativas para unha tarde de conto. 

 Sen dúbida, tardaremos en esquecer o día que unha meiga, contou na nosa biblioteca, baixo a mirada sorprendida de Leo e Biblín, o conto de Hansel e Gretel.

 Como adoita dicir ultimamente un famoso alcalde da comarca, e sen que se ofendan en Silleda...

"Se é de Lalín...
É BO."

No hay comentarios:

Publicar un comentario