En novembro, Paco Montoto nos contos de sofá

 No mes de novembro os contos de sofá recibiron a visita de Paco Montoto, pai dos nosos compañeiros Miranda de 2º de Primaria e Fran, de 1º da ESO. 
  Da man de Paco, coñecemos un dos grandes contos de Andersen "El soldadito de plomo". 
  Tras o conto, Paco traía unha sorpresa con el. Ensinounos un instrumento moi especial, o banyo, o cal, confesou,  estaba aprendendo a tocar. 
  Como bo músico, explicou que el tocaba a guitarra e o baixo, pero que co banyo estaba a ter máis problemas, posto que se na guitarra e no baixo as cordas van de máis grave a máis aguda, no banyo é ao revés.
  Aprendemos tamén como pode ser tocado: cunha púa, coa man ou con tres púas.
  Non podiamos deixalo marchar sen facer unha pequena demostración, escoitando un simpático son. 
 Ao remate, foto de familia e sinatura no noso libro de lembranzas para perpetuar o recordo do seu paso pola nosa biblioteca, e así, xamais esquecer unha fermosa tarde de música e contos.
 Paco agasallounos cun marcapáxinas coa imaxe do protagonista do conto, que abofé vivirá dentro das futuras lecturas dos nosos alumnos e cun cd con cancións grabadas por el.
Grazas Paco
polo gran clásico de Andersen,
por achegarnos ao banyo,
por deleitarnos co seu son,
por misturar lectura e música,
dúas das armas máis poderosas
coas que  armar aos nosos alumnos
nas súas loitas futuras.
Repite cando queiras.
Convidado quedas e os nosos alumnos ...
encantados.

Silleda, pobo e música.

No hay comentarios:

Publicar un comentario