O 25
de xaneiro, sentou no noso sofá Beatriz Mariño, nai de Daniel e Ángela Picáns de 1º de Primaria, co conto “Como axudo a
Antón”.
A historia
trata os distintos tipos de acoso que sofren algún dos protagonistas. Martiño
é un can pequeno que comeza unha nova andaina, é o seu primeiro día na escola. Polo
camiño acompáñao un can grande, Antón, e ao longo do percorrido, Martiño vaise
decatando das condutas que presentan outros “compañeiros” con Antón, e que
ninguén o axuda.
Ao rematar a
historia, comezamos unha pequena charla entre todos, no que se trataba de ver
como queremos actuar ante determinadas situación e en diferentes contextos da
nosa vida:
- Ameazar coma o raposo.
- Esixir e obrigar a facer algo sen ter en conta o que a outra persoa quere, coma o xabaril.
- Roubar e chantaxear, como fai o esquío.
- Falar mal de alguén ás súas costas, como fan as gatas.
- Agredir físicamente, poñer alcumes ofensivos, como fai o lobo e a súa cuadrilla…
Cada un dos
nenos expresou as súas sensacións ante as dificultades con que se atoparon os
nosos protagonistas. Todos tiñamos algo moi claro:
Temos que por en
coñecemento das persoas competentes
(mestres, pais, familia) as situación desagradables que presenciamos nos diferentes ámbitos da nosa vida.
Para rematar
a sesión, Beatriz agasallounos cunhas fermosas mochilas, e alí mesmo decidimos
o que queremos levar nelas: compañeirismo, ledicia, amizade, respecto… e todo, para
compartir con todos os compañeiros.
Agradecemos
moito a túa visita, Beatriz. Lembra que sempre poderás voltar á nosa
biblioteca a compartir tantas valiosas ensinanzas que nos deixas.
Hai contos e contos. Contos que marcan e outros que pasan de vagar. Sen dúbida, Como axudo a Antón? é un conto que ficará para sempre nos nosos alumnos e en nós, as mestras. Falan do poder da lectura. Ningunha dúbida. Resaltaría o poder e as ensinanzas que se agochan nun simple conto.
Boas lecturas a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario