
Este curso desde a biblioteca do colexio, puxemos en marcha unha nova actividade de animación á lectura, pensada para os nosos alumnos de Infantil e que leva por título "O Peto dos Soños".
Este vello anhelo das mestras Chus e Marisol, deu comezo no pasado mes de xaneiro, tras uns pequenos atrancos que sempre xurden nos primeiros pasos de todo camiño. Coordinado polas mestras de Infaltil, Carmela, Cristina e María; o Peto dos Soños visita cada mércores os fogares dos nosos alumnos para compartir uns momentos de lectura en familia.
Este curso está adicado á escritora lucense, Ana Meilán, e nel viaxan os seus fermosísimos contos As chaves dos soños, Lágrimas bajo la cama e Quen vén esta noite? Contos que non deixarán indiferentes aos nosos alumnos e ás súas familias, e que abofé encherán os seus fogares de nubes e soños, de nubes e contos.
Velaquí vos deixamos o enlace ao mundo de Ana Meilán para que a coñezades máis de preto, posto que no terceiro trimestre visitará o noso colexio e compartirá con todos nós, unha xornada de animación á lectura baixo a atenta mirada das nosas mascotas, Leo e Biblín.
Boa viaxe e boas lecturas a todos!














No hay comentarios:
Publicar un comentario